Atlantic Culture Scape

Creando experiencias ao longo do espazo Atlántico…


Nos últimos anos, o elemento “inmaterial” do Patrimonio Cultural ten recibido pouca atención no Espazo Atlántico.

O proxecto Atlantic CultureScape proponse abordar esta cuestión a través da identificación e valorización de experiencias relacionadas co Patrimonio Cultural Inmaterial.

Reunindo sete entidades transnacionais asociadas, o proxecto decorrerá até Setembro de 2022 e é co-financiado polo Programa INTERREG Espazo Atlántico, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Inicialmente será realizado un estudo do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) en todo o Espazo Atlántico, a fin de fornecer principios orientadores para o crecemento económico sustentábel. O proxecto céntrase na protección e evolución do PCI, así como no seu desenvolvemento. A creación de produtos innovadores e dunha Ruta no Espazo Atlántico, apoiada por un programa de comercialización transnacional, fomentará un maior recoñecemento e visibilidade do Patrimonio Cultural Inmaterial.

ENTIDADES SOCIAS DO PROXECTO

Está formado por 7 entidades e 12 organismos asociados ao longo do Espazo Atlántico. Cada socio/a lidera un paquete de traballo (PT) e, en conxunto, conforman o proxecto Atlantic CultureScape.

  • Newry, Mourne e Conselho Distrital de Down – Irlanda do Norte –Líder
  • Brecon Beacons National Park Authority – Gales
  • Gobierno Reginonal de Cantabria
  • Universidade de Vigo – Galicia
  • Cork Institute of Technology – Irlanda
  • Agencia Andaluza de Industrias Culturales – Amdalucía
  • Município de Rio Maior – Portugal

Entidades colaboradoras: Ring of Guillion Handcrafts and Arts, Tourism Northem Ireland, Fiddlers Green Partnership, Pembrokeshire Coast National Park Authority, Brecon Beacons Tourism Ltd, Grupo de Desarrollo Rural Litoral de la Janda, Instituto Andaluz de Patrimonio Histórico, Agência de Promoção da Cultura Atlântica, Comhairle Contae Mhaigh eo, Cork County council (Sliabh Luachra Music trail), Clúster de Turismo de Galicia, Armorique Regional Park.

SOBRE O ESPAZO ATLÁNTICO INTERREG

Atlantic Culture Scape é un proxecto co-financiado polo Fondo europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), ao abrigo do programa INTERREG Espazo Atlántico. Este é un programa de financiamento europeo que promove a cooperación transnacional entre 36 rexións atlánticas de cinco Estados europeos. O programa co-financia proxectos de cooperación nos dominios da Innovación e Competitividade, Eficiencia de Recursos, Xestión de Riscos Territoriais, Biodiversidade e Patrimonio Natural e Cultural.