Casiñas brancas
que se estrelan nas augas do mar,
fermoso porto
onde un día marchei pescar.
Así é a vida
cando sempre me poño a pensar,
miña Guarda da ialma,
con esta habanera quéroche cantar...

EXPERIENCIAS BASEADAS NO PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL

A Guarda, porto de mar

Unha ruta que combina a tradición do mar coa etnografía, a memoria e as tradicións vivas vinculadas a el. Coñecerás as cetáreas tradicionais, os produtos do mar, as artes e os oficios ao longo do tempo… e a experiencia e bo facer das atadeiras da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia!

A Guarda, porto de Ribeira

A Guarda é atlántica, pero tamén é río e doce Miño; fronteira natural con Portugal. Con esta ruta transitarás polo esteiro do Miño, polas docas, polas historias de estraperlo, pola pesca da lamprea… Tamén coñecerás a carpintaria tradicional de ribeira e o labor da Asociación de Embarcacións Tradicionais O Piueiro!


@atlantic_culturescape_a_guarda

Aquí che mostramos as últimas no noso Instagram!

SOBRE O PROXECTO

Atlantic Culture Scape A Guarda é un proxecto impulsado pola Universidade de Vigo, que fai parte de Atlantic CultureScape; unha iniciativa que estuda e visibiliza o patrimonio inmaterial do espazo Atlántico.

Desde Atlantic Culture Scape A Guarda poñemos á comunidade da Guarda no centro e buscamos que coñezas a súa identidade e o seu patrimonio.

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar